BASES LEGAIS DOS X PREMIOS BIOGA
A Axencia Galega de Innovación e o Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA) convocan os XI PREMIOS BIOGA co obxectivo de incentivar a posta en marcha de iniciativas empresarias dos mozos/as galegos/as e o recoñecemento das empresas máis competitivas e innovadoras do tecido empresarial galego no eido biotecnolóxico e das ciencias da vida.
Os premios serán convocados a partir do 14 de Outubro na páxina oficial http://premios.bioga.org/ e nas redes sociais de Bioga, así como a través de e-mails aos contactos da base de datos do Cluster, onde se detallarán os requisitos para optar a dita candidatura.
Artigo 1 – Obxectivos
Os obxectivos destes premios son:
- Recoñecer o labor das empresas máis competitivas e innovadoras do sector das Ciencias da Vida.
- Valorar e promover o talento dos emprendedores e promover a xeración de novas iniciativas empresariais.
Artigo 2 – Modalidades e Criterios de valoración
Haberá 3 modalidades ás que as empresas poderán optar:
- Bioempresa Innovadora
- Bioempresa Xove
- Bioidea Empresarial
PREMIO Á BIOEMPRESA INNOVADORA 2023
Este premio vai ligado ás empresas constituídas hai máis de 5 anos (antes do 01/01/2019) e que aposten pola xeración de valor no mercado a través dunha alta capacidade innovadora, xeradora de maior competitividade empresarial. Búscase premiar a capacidade de innovación á hora de mellorar os produtos ou servizos, a eficiencia dos procesos ou logrando mellor capitalización e competitividade como resultado das innovacións desenvolvidas.
Empresas que poden optar á candidatura:
- Que a actividade empresarial leve en funcionamento máis de 5 anos (data de constitución anterior ao 01/01/2019).
- Que actualmente a súa actividade produtiva ou comercial estea involucrada coa Biotecnoloxía ou Ciencias da Vida.
- Deberán ter o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
Información a presentar
Para presentar a candidatura aos premios deberase cumprimentar o formulario aloxado na páxina http://premios.bioga.org/.
O formulario creado para a candidatura inclúe:
- Identificación da entidade solicitante.
- Actividade da empresa: sector empresarial e actividade principal, e mercado ao que se dirixe.
- Datos relevantes da empresa: facturación no 2023, beneficios antes de taxas, persoal total da empresa, creación de emprego no 2023, RRHH adicados a I+D+i, número de países nos que actúa a empresa, incremento da facturación nas últimas 4 anualidades (en %) e creación de emprego nas ultimas 4 anualidades (en %).
- Vantaxes competitivas: vantaxes competitivas do éxito da empresa.
- Innovación empresarial: porcentaxe de facturación destinado a gasto interno en I+D+i, impacto e potencial: capacidade para crecer e xerar un cambio importante no sector biotech ou na sociedade, produtos, procesos ou servizos innovadores da empresa, introdución de dixitalización aplicada á cadea de valor da biotecnoloxía, proxectos de hibridación sectorial e perspectiva de crecemento.
- Información adicional
Criterios de Valoración
Un xurado formado por expertos empresariais e institucionais do sector biotecnolóxico elixirán a Bioempresa Innovadora en función dos seguintes criterios:
- Incremento na facturación nas últimas 4 anualidades (%)
- Creación de emprego nas últimas 4 anualidades (%)
- RRHH adicados a I+D+i (%)
- Vantaxes competitivas
- Grao de innovación (produto, proceso ou servizo)
- Porcentaxe de facturación destinado a gasto interno en I+D+i
- Impacto e potencial: capacidade para crecer e xerar un cambio importante no sector biotech ou na sociedade
- Aliñamento con algún dos subsectores de aplicación da Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía 2021-2025
- Grado de dixitalización
- Proxectos de hibridación sectorial
- Perspectiva de crecemento
PREMIO Á BIOEMPRESA XOVE 2023
Este premio vai ligado ao emprendemento en busca de empresas de recente creación con plans de negocio convincentes e con menos de 5 anos de actividade. Búscase premiar a motivación e a capacidade dos emprendedores de conseguir feitos relevantes nas primeiras etapas da empresa.
Empresas que poden optar á candidatura
- Empresa de recente creación, inferior a 5 anos de actividade empresarial (constituídos despois do 01/01/2019).
- Que actualmente o plan de negocio estea relacionado coa Biotecnoloxía ou Ciencias da Vida.
- Deberán ter o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
Información a presentar
Para presentar a candidatura aos premios deberase cumprimentar o formulario aloxado na páxina http://premios.bioga.org/.
O formulario creado para cada candidatura inclúe:
- Identificación da entidade solicitante.
- Presentación da idea empresarial: equipo promotor da nova empresa, descrición dos novos servizos ou produtos, necesidade de mercado que cubre (segmento ao que se dirixe o novo produto ou servizo), obtención de axudas ou subvencións públicas á I+D+i, vantaxes competitivas, visión de futuro 2025.
- Información adicional.
Criterios de Valoración
Un xurado formado por expertos empresariais e institucionais do sector biotecnolóxico elixirán Bioempresa Xove en función dos seguintes criterios:
- Equipo promotor
- Produtos e/ou servizos do plan de negocio
- Necesidade do mercado cuberta pola empresa
- Obtención de axudas ou subvencións públicas á I+D+i
- Obtención de financiación privada
- Clientes obtidos dende a constitución da empresa, tanto en facturación como pola súa relevancia para o desenrolo do plan de negocio
- Vantaxes competitivas
- Visión de futuro no 2025
- Grado de implicación coa biotecnoloxía e as ciencias da vida
PREMIO Á BIOIDEA EMPRESARIAL 2023
Este premio busca fomentar a transferencia de coñecemento e o emprendemento nas Ciencias da Vida mediante o recoñecemento ás ideas empresarias xeradas nos centros de coñecemento galegos ou impulsadas por emprendedores.
Proxectos que poden optar á candidatura:
- Persoal investigador dos centros de coñecemento galegos
- Emprendedores que busquen desenvolver o proxecto empresarial en Galicia
Información a presentar
Para presentar a candidatura aos premios deberase cumprimentar o formulario aloxado na páxina http://premios.bioga.org/.
O formulario creado para cada candidatura inclúe:
- Identificación do proxecto
- Presentación da idea empresarial:equipo promotor do proxecto, descrición do novo servizo ou produto, necesidade de mercado que cubre (segmento ao que se dirixe o novo produto ou servizo), vantaxes competitivas, visión de futuro 2025.
- Información adicional.
Criterios de Valoración:
Un xurado formado por expertos empresariais e institucionais do sector biotecnolóxico elixirán á Bioidea Empresarial en función dos seguintes criterios:
- Equipo promotor
- Produtos e/ou servizos do plan de negocio
- Necesidade do mercado cuberta polo proxecto ou empresa
- Vantaxes competitivas
- Visión de futuro no 2025
Artigo 3 – O Premio
As entidades gañadoras de cada unha de modalidades (“Bioidea Empresarial”, “Bioempresa Xove” e “Bioempresa Innovadora”) contarán co recoñecemento público por parte do ecosistema biotecnolóxico, difusión en medios, publicidade por parte de Bioga e demais entidades colaboradoras, unha bolsa de 3.000€ por modalidade para estudar o Máster en Gestión de Empresas Biotecnológicas (MBIO) de IFFE Business School e BIOGA.
As empresas premiadas nas anteriores edicións dos Premios Bioga non poderán presentarse á mesma categoría na que resultaron gañadoras.
Una mesma empresa non poderá presentarse a máis dunha categoría.
Artigo 4 – Prazo de presentación
O prazo de presentación de candidaturas estará aberto dende o 14 de Outubrode 2024 ata o 31 de Outubro ás 14:00h. Amplíase o prazo de recepción de candidaturas ata o venres 15 de novembro ás 14:00.
Artigo 5 – Entrega dos Premios
Os premios entregaranse nun acto público do sector Bio e das Ciencias da Vida de Galicia, na data e lugar previamente comunicadas pola organización de Bioga.
Farase entrega dun galardón co cal os afortunados gozarán dun recoñecemento de honra, servizo de comunicación e disposición de espazo publicitario na páxina web de Bioga (permanentemente ata a celebración da próxima edición dos premios) e envío de newsletter gratuíto.
Artigo 6 – Xurado
Un xurado formado por membros da Xunta Directiva de Bioga, un representante dunha Universidade galega, un representante das Fundacións Biomédicas de Galicia, un representante da Axencia Galega de Innovación, os gañadores da edición anterior (Campomayor, SunRock Biopharma, BFlow y CanTher) e expertos relevantes do sector biotech galego, serán os encargados de elixir as empresas premiadas entre as candidaturas recibidas.
Coñecida a lista de candidatos, os membros do xurado terán que por en coñecemento da organización dos premios calquera incompatibilidade cos proxectos ou empresas presentados. No caso de que haxa algún candidato que motive un conflito de intereses, o membro do xurado afectado absterase de votar na categoría na que se presente dito proxecto ou empresa.
As decisións tomadas polo Xurado son definitivas e no están suxeitas a discusión ou reclamación.
Artigo 7 – Aceptación das bases
O feito de participar nos Premios supón a aceptación das presentes bases por parte do candidato. Bioga resérvase o dereito de efectuar calquera cambio, aclaración ou rectificación das Bases Legais, sempre facendo públicos ditos cambios coa mesma publicidade que se lle deu ás presentes bases.
Artigo 8 – Cláusula de privacidade
Os datos persoais que faciliten os participantes serán incorporados a un ficheiro, responsabilidade do Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA), con domicilio en Rúa de Murcia 3, 15707 (Santiago de Compostela), coa finalidade de xestionar e posibilitar a participación nos Premios Bioga 2024
Así mesmo, os premiados autorizan a comunicación dos seus datos ás entidades colaboradoras de Bioga para posibilitar a entrega do premio así como a outros partners que puideran formar parte da presente promoción co fin descrito.